Infinity Blade III estréase na App Store
mércores, 18 de setembro do 2013
A franquÃa de xogos que máis relevancia ten nas
presentacións de Apple parece ser a de Infinity
Blade, que tende a empregarse como exemplo de potencia gráfica de cada
xeración de dispositivos e, ante o lanzamento de iOS 7 e a inminente chegada do
iPhone 5S, chega
hoxe á App Store como aplicación universal a un prezo de 5,99 euros o tÃtulo
que pon fin á saga inicial, Infinity
Blade III.
Este tÃtulo deseñado por ChAIR Entertainment presenta uns gráficos de impresión
e tirará proveito do procesador de 64 bits do iPhone 5S, aÃnda que manterá a
compatibilidade con iOS 6 e con dispositivos anteriores. Esta nova entrega
deste xogo de loita no que combátese empregando xestos na pantalla do noso
smartphone ou tablet e doado de controlar, ten uns gráficos tridimensionais moi
detallados movidos polo Unreal Engine de Epic Games, incorpora 2 tipos de
personaxes (o lendario Siris ou a áxil ladroa Isa), estrea 3 modos novos de
xogo en liña, pode almacenar contido en iCloud e incluso pode facer uso da
saÃda HDMI. AÃnda que estamos ante unha aplicación de pagamento, cómpre avisar
de que tamén inclúe compras dentro do xogo.
- O xogo continúa a controlarse con sinxelos xestos realizados cun único dedo