Imaxes do que podería ser o lector de e-books de B&N

mércores, 14 de outubro do 2009 Marcus Fernández

A pantalla inferior podería funcionar tanto para a navegación entre os contidos almacenados como a xeito de teclado virtualO vindeiro martes Barnes & Noble vai facer un anuncio importante que case con total seguridade correspondería á presentación dun dispositivo de lectura de libros electrónicos, e que dende Gizmodo xa presentan imaxes do que podería ser este produto, e que polo que podemos ver estaría composto por unha pantalla de papel electrónico ao estilo do Amazon Kindle que incluiría unha pantalla ultitáctil na súa parte inferior ao estilo do iPhone.
Así, os rumores que falaban de que este dispositivo incluiría unha pantalla a cor resultaron non ser totalmente falsos, e estariamos ante un produto diferente ao que actualmente hai no mercado, e que, como tamén fai Amazon, podería comercializarse en distintos tamaños e capacidades, aínda que haberá que agardar á semana que vén para coñecer os detalles.

A pantalla inferior podería funcionar tanto para a navegación entre os contidos almacenados como a xeito de teclado virtual

PUBLICIDADE