Imation facilita a migración de disco duro a SSD
martes, 1 de decembro do 2009
Os usuarios que
queiran actualizar o disco duro do seu ordenador (especialmente no caso dun
portátil) para aproveitar as vantaxes de velocidade e baixo consumo das
unidades baseadas en memorias de estado sólido (SSD) téñeno agora máis doado
grazas a Imation, que vén de lanzar uns kits
de actualización compostos por unha unidade SSD e un adaptador SATA
a USB, facilitando asà a clonación do noso disco duro actual á futura unidade
principal (de xeito que non se perde nin o sistema operativo, nin as
aplicacións instaladas, nin os datos ao actualizar o disco do equipo).
Os prezos destes kits de actualización a SSD parten
dos 211,99 dólares (140,40 euros) no caso dunha unidade de 64 Gb. Imation
comercializa dúas categorÃas de unidades SSD en formatos de 2,5 e 3,5 polgadas,
que son a Clase M (cunha velocidade de lectura de 150 Mb/seg. e de escritura de
90 Mb/seg.) e a Class S (cunha velocidade de lectura de 130 Mb/seg. e de
escritura de 120 Mb/seg.) de xeito que os usuarios poden elixir as que máis se
adapten ao uso que vaian dar aos equipos.