Imagina Ser Diseñadora de Moda é o xogo español máis vendido
luns, 10 de agosto do 2009
España tiña un papel
medianamente importante no sector dos videoxogos alá polo 1987, pero coa incremento
da complexidade do desenvolvemento dos tÃtulos os estudos locais foron perdendo
peso, ata ser irrelevantes a nivel internacional, polo que a dúbida de cal é o
xogo español máis vendido de todos os tempos parece difÃcil de responder.
Algúns poderÃan pensar que o PC Fútbol
poderÃa ser o top vendas pero na súa época douraba vendÃa
só unhas 350.000 copias; a saga de Commandos
tamén vendÃa bastante ben, pero ao estar enfocada ao PC tampouco podÃa apuntar
alto; e agora sabemos que o tÃtulo en levar a honra de ser o videoxogo española
máis vendido non é outro que Imagina Ser
Diseñadora de Moda.
É toda unha sorpresa , achegada da pasada
edición da Game Lab, que este xogo dunha distribuidora francesa fose
desenvolvido integramente en España por Virtual
Toys e acadase unhas
vendas de máis de 5 millóns de copias, cantidade que dificilmente superará
outro tÃtulo en moito tempo.
Hai que destacar que este xogo para Nintendo DS non está á venda só en España,
senón que conta cunha distribución internacional (coñecéndose no estranxeiro
coma Imagine Fashion Model), e confirma
que estes tÃtulos tan criticados pola súa baixa calidade e orixinalidade son
auténticos supervendas mundiais.
Criticar que os xogos de Imagina Ser
son sexistas ou simplemente malos non evita que o seu público sexa lexión, e
non son poucas as cativas que gustan de xogar a ter o seu propio obradoiro de
moda, para confeccionar roupa e xoias e maquillar e peitear a modelos para
desfilar logo na pasarela, participar en sesións fotográficas e incluso
compartir o book coas amigas facendo
uso da conexión sen fÃos.