Ikaruga incorpórase ao catálogo de Steam

mércores, 19 de febreiro do 2014 Marcus Fernández

Aínda que os xogos shoot’em up eran máis propios dos anos 80 e 90, en 2001 Treasure atreveuse a lanzar para máquinas recreativas Ikaruga, título que converteuse nun clásico instantáneo e que logo chegaría a Dreamcast e GameCube, para adaptarse máis recentemente a Xbox 360 e Android, pero continuando afastado dos ordenadores domésticos ata que, finalmente, estreouse en Steam a un prezo de 8,99 euros, facéndoo accesible a un público moi amplo que agradecerá poder gozar deste título nun equipo moderno e cun sistema de control cómodo (é compatible co mando da Xbox 360, teclado e rato).
Este xogo de naves de desprazamento vertical ten unha mecánica de xogo única, pois a nave que manexamos pode mudar de polaridade, de xeito que pode absorber as balas inimigas (de compartir polaridade) para alimentar os seus láseres máis potentes. Pese á súa mecánica bidimensional ten gráficos en 3D, pode xogarse en individual ou en cooperativo local, reparte a acción en 5 niveis con cadanseu xefe final, ten 3 niveis de dificultade e incluso pode xogarse en modo arcade e en modo prototipo. Como curiosidade, o xogo permite rotar a pantalla 90 graos para converter o xogo nun shooter de desprazamento horizontal.

PUBLICIDADE