IOGEAR fai posible a comunicación de USB a VGA sen fíos

luns, 25 de agosto do 2008 Marcus Fernández

IOGEAR hai tempo que conta no seu catálogo cun dispositivo que permite retransmitir un sinal de vídeo VGA mediante cables de rede (dende categoría 5) e para incrementar as posibilidades de espallamento gráfico presenta agora cun dispositivo USB que conectado ao un ordenador permite transmitir o seu sinal gráfico sen fíos ata un receptor Wi-Fi que achega o sinal a un porto VGA, de xeito que podemos contar con monitores remotos ou comunicarnos cun proxector de vídeo sen precisar de cables.
O novo dispositivo USB permite levar o sinal do ordenador a un monitor (ou calquera outro trebello que acepte entradas VGA) a resolucións de ata 720 liñas en progresivo, funciona baixo Windows XP ou Vista e se venderá dende setembro a 229,95 dólares.

PUBLICIDADE