Hyrule Warriors poderá mercarse cunha bufanda exclusiva

martes, 5 de agosto do 2014 Marcus Fernández

Nas últimas horas publicouse un novo Nintendo Direct dedicado en exclusiva ao xogo Hyrule Warriors, que chegará ás tendas de videoxogos europeas a partires do 19 de setembro, destacando por que, aparte da súa edición estándar, en certos establecementos adheridos á promoción contará cunha edición limitada que incluirá unha bufanda de coleccionista (en contraste co reloxo que recibirán os compradores xaponeses).
Este xogo herda a mecánica dos populares Dynasty Warriors pero cos personaxes de The Legend of Zelda, entre os que non falta o rei demo Ganondorf (que contará cos traxes desbloqueables de Twilight Princess e Ocarina of Time de rexistrar o xogo no Club Nintendo antes do 17 de outubro). Outros malvados que tamén serán xogables en Hyrule Warriors serán Zant e Ghirahim, mentres que entre os heroes teremos a Link, a princesa Zelda, Impa, Midna, Sheik, Agitha, Darunia, a princesa Ruto, Fi e Lana.


Nintendo Direct dedicado a Hyrule Warriors

PUBLICIDADE