Huawei venderá un smartphone con pantalla de 4,5 polgadas a un prezo moi axustado

martes, 15 de xaneiro do 2013 Marcus Fernández

Aínda que durante as últimas semanas dende Huawei centráronse en amosar que son capaces de producir smartphones de alta gama, non están a abandonar as súas liñas máis económicas, entre as que poden sorprender terminais como o Huawei G520, por conseguir conter o seu prezo pese a contar cunhas prestacións máis que aceptables.
O novo smartphone chinés funciona cun procesador Mediatek Mt6589 de catro núcleos a 1,2 GHz, 512 Mb de RAM, pantalla IPS de 4,5 polgadas e cámara traseira de 5 Mpíxeles, que chegará ás tendas chinesas o vindeiro día 21 a un prezo de só 1.399 iuans (169,18 euros), o que sorprende nun terminal con tal tamaño de pantalla.

PUBLICIDADE