Huawei resucita o P30 Pro para ter un smartphone novo cos servizos de Google
martes, 12 de maio do 2020
Dende
que os smartphones de Huawei carecen dos servizos de Google experimentaron unha
forte caÃda de vendas en Europa, mantendo a compañÃa chinesa certo nivel de
vendas grazas a que os dispositivos anteriores ao veto estadounidense manteñen
a certificación de Google, e para poder continuar nesta liña están a facer
xogadas que rozan os lÃmites da legalidade como o lanzamento do Huawei
P30 Pro New Edition, que sairá á venda o vindeiro dÃa 15 en Alemaña (confiándose
en que chegue rapidamente tamén a España) e que vén a ser unha revisión P30 Pro
orixinal que mantén o procesador de hai máis dun ano (o Kirin 980), pero cunha
configuración con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento que en vez de custar os
1.049 euros que tiña hai un ano, terá un prezo oficial de 749 euros, incluÃndo de
xeito promocional uns auriculares Huawei FreeBuds 3 e un mini altofalante de
Huawei.
Con este lanzamento Huawei busca simplemente ofrecer unha alternativa ao Huawei
P40 Pro para usuarios que consideren imprescindibles os servizos de Google,
aÃnda que a xogada semella bastante absurda, xa que actualmente está dispoñible
o P30 Pro con 8 GB de RAM e 256 GB de almacenamento a
un prezo de 679 euros en Amazon (podendo atoparse a 639 euros noutros
establecementos), polo que non parece moi razoable a adquisición dunha versión
case igual (as pequenas diferencias entre os modelos aÃnda non se detallaron) a
un prezo máis elevado.