Huawei aposta polos acabados de calidade no seu novo smartphone insignia

xoves, 8 de maio do 2014 Marcus Fernández

A chinesa Huawei continúa a centrar os seus esforzos en desfacerse da imaxe de fabricante de baixo custo, e para reforzar a súa liña de produtos de calidade presenta o seu novo smartphone Huawei Ascend P7, que incorpora conectividade LTE (4G), unha estética moi coidada, traseira de cristal, acabados metálicos, carcasa unibody, bordes redondeados, cámaras de grande definición, pantalla de alta resolución e batería de 2.500 mAh que grazas á súa alta densidade é capaz entrar nun grosor de só 6,5 milímetros (e contendo o seu peso en 124 gramos).
O Huawei Ascend P7 é un smartphone que funciona cun procesador de catro núcleos a 1,8 GHz, 2 Gb de RAM, 16 Gb de almacenamento interno, pantalla Full HD de 5 polgadas con Corning Gorilla Glass, cámaras de 13 e 8 Mpíxeles (destacando a cámara traseira por poder incluso tomar fotografías con pouca luz, mentres que a cámara frontal é ideal para as auto-fotos) e sistema operativo Android 4.4 coa capa de personalización Emotion UI 2.3.
Chegará ao mercado este mesmo mes en distintas cores (negro, branco e rosa) e en España o seu prezo de venda recomendado será de 449 euros.


Vídeo de presentación do Huawei Ascend P7

PUBLICIDADE