Huawei IDEOS, un móbil económico con Android 2.2

luns, 6 de setembro do 2010 Marcus Fernández

O sistema operativo Android cada vez está máis presente en móbiles de gama media, e Huawei incluso quere achegalo aínda máis á gama baixa, de aí que presente o seu Huawei IDEOS, terminal que funcionará con Android 2.2 (con soporte de Adobe Flash Player 10.1) que funciona cun procesador a 530 MHz, 256 Mb de RAM, 512 Mb de ROM, conectividade GSM/EDGE/HSDPA ata a 7.2 Mbps, Wi-Fi N (podendo funcionar coma punto de acceso para ata 8 equipos), Bluetooth, pantalla táctil de 2,8 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, cámara de 3,2 Mpíxeles, GPS, lector de tarxetas microSD de ata 32 Gb e unha batería de 1.200 mAh.
Este móbil debería estar dispoñible en varias cores a partir de outubro a un prezo que estaría entre os 100 e 200 dólares (77 e 155 euros), de xeito que será doado atopalo de balde con múltiples operadores.


O Huawei IDEOS preséntase coma un móbil completo e económico

PUBLICIDADE