Horizon Zero Dawn recibe a expansión The Frozen Wilds

mércores, 8 de novembro do 2017 Marcus Fernández

Parece haber unanimidade en que a sorpresa do ano foi Horizon Zero Dawn, xogo que sen pertencer a ningunha franquía recoñecida conseguiu converterse no auténtico imprescindible para PlayStation 4, de aí que son moitos os que están satisfeitos polo feito de que esta semana saíse á venda The Frozen Wilds, a expansión do xogo que leva a Aloy máis aló das montañas do norte, as terras limítrofes da tribo dos Banuk, territorio xeado que oculta unha nova ameaza.
Temos así un contido descargable que engade unha nova e absorbente historia, con novas máquinas ás que enfrontarse (como o perigoso Incinerador), e con todos un territorio xeado que explorar para desentrañar os seus segredos. A expansión pode mercarse xa por 19,99 euros, ofrecendo unhas 15 horas máis de contido, permitindo así continuar a gozar de Horizon Zero Dawn.

Tráiler de The Frozen Wilds

PUBLICIDADE