Horizon Zero Dawn pode descargarse de balde por tempo limitado

martes, 20 de abril do 2021 Marcus Fernández

Dentro da campaña Play At Home, coa que Sony quere animar aos usuarios de consolas PlayStation a quedar na casa ante a situación sanitaria, están a ofrecer completamente de balde a partir de hoxe e até o 15 de maio o reputado xogo para PlayStation 4 Horizon Zero Dawn na súa edición completa (ou sexa, incluíndo o expansión The Frozen Wilds e outros contidos descargables), o que permite o achegamento a un grande título que ten previsto estrear secuela antes de rematar o ano.
Horizon Zero Dawn sitúanos nun mundo dominado por máquinas no que emprende unha aventura unha moza cazadora chamada Aloy, que percorre escenarios postapocalípticos impresionantes nos que a humanidade sobrevive formando tribos de cazadores recolectores. A expansión The Frozen Wilds expande este mundo cun novo territorio a explorar e unha nova e misteriosa ameaza que superar.

No xogo percorremos un mundo postapocalíptico dominado por máquinas

PUBLICIDADE