Horizon Zero Dawn convídanos a explorar un mundo salvaxe dominado por máquinas
mércores, 1 de marzo do 2017
Hoxe
chega ás tendas un dos grandes xogos exclusivos para PlayStation 4 da tempada, Horizon Zero Dawn, título desenvolvido
por Guerrilla Games, no que é a súa primeira incursión nos xogos de acción de
mundo aberto, e que sorprende por situar a acción nun mundo postapocalíptico no
que a humanidade xa non é a especie dominante, senón que reinan o planeta unhas
criaturas mecanizadas que parecen híbridos de animais e robots.
Pese a estar ambientado nun futuro hipotético, a ambientación semella
prehistórica, xa que os restos da humanidade viven en tribos de cazadores recolledores
dos que encarnaremos a Aloy, unha moza rexeitada ao nacer pola súa tribo, que
descubrirá os máis profundos segredos do pasado antigo (de xeito que teremos un
xogo de mundo aberto que non descoida a súa historia grazas ao misterio dos
feitos que levaron a que as máquinas dominasen o mundo) e enfrontarase a tribos
en guerra e ás temibles criaturas que a ameazan con destruír á humanidade.
- Aloy é a protagonista de Horizon Zero Dawn
- Aloy deberá empregar a súa axilidade, astucia e puntería para cazar ás máquinas que dominan o mundo de Horizon Zero Dawn
Tráiler de lanzamento de Horizon Zero Dawn