Honor trae a España o seu último reloxo conectado

martes, 5 de novembro do 2024 Marcus Fernández

Para os usuarios que buscan un reloxo conectado con grande autonomía e un seguimento de GPS preciso temos agora o Honor Watch 5 a un prezo de 149 euros en cor negra, verde ou dourada e con 4 GB de almacenamento interno.
Estamos ante un reloxo cunha pantalla AMOLED de 1,85 polgadas, batería de 480 mAh, resistencia IP68 (certificado para somerxelo até 5 atmosferas), GPS e Bluetooth 5.2, que presume dunha autonomía de até 15 días cunha única carga, o que o converte tamén nunha boa opción para o seguimento da saúde física a través dos seus sensores incluso durante a noite (rexistrando así a calidade do descanso nocturno).
Este elegante reloxo (cunha estética claramente inspirada na do Apple Watch) integra a tecnoloxía AccuTrack de Honor para tirar proveito dun GPS preciso que rexistra os nosos percorridos. Tamén rexistra a frecuencia cardíaca, pode medir o osíxeno en sangue e rexistra o noso sono, converténdose nunha solución práctica para controlar o noso benestar físico.

O reloxo véndese en 3 cores distintas