Honor presenta un smartphone con medidor de temperatura corporal
mércores, 3 de xuño do 2020
A marca Honor ten un par de novos smartphones 5G no seu
catálogo que, o Honor Play 4
e o Honor
Play 4 Pro, que poderÃan resultar atractivos se non fose polo detalle de
carecer dos servizos de Google por mor do bloqueo estadounidense a Huawei.
O modelo máis básico serÃa o Honor Play 4 5G, con pantalla IPS Full HD+ de 6,81
polgadas, cámara traseira cuádrupla cun sensor principal de 64 MpÃxeles, cámara
frontal de 16 MpÃxeles, 6/8 GB de RAM, 128 GB de almacenamento interno e
baterÃa de 4.300 mAh con carga rápida de 22,5 watts, que sae á venda a un prezo
de 1.799 iuans (225 euros) con 6 GB de RAM e 1.999 iuans (250 euros) con 8 GB de
RAM.
Pero este smartphone está a verse claramente eclipsado polo Honor Play 4 Pro,
que chega con pantalla Full HD+ de 6,57 polgadas, 8 GB de RAM , 128 GB de
almacenamento interno, cámara traseira dual cun sensor principal de 40
MpÃxeles, cámara frontal dual cun sensor principal de 30 MpÃxeles, NFC, baterÃa
de 4.200 mAh con carga rápida de 40 watts e unha caracterÃstica que nestes
momentos chama poderosamente a atención: un sensor de temperatura corporal por
infravermellos. O seu prezo de venda é de 2.899 iuans (363 euros).
Será curioso ver se outros fabricantes anÃmanse a seguir os pasos de Honor e
presentan dispositivos con medidor de temperatura corporal aproveitando a
demanda desta funcionalidade de cara a detectar a persoas que puidesen padecer
enfermidades como a COVID-19.
- O Honor Play 4 Pro integra un medidor de temperatura corporal