Hollywood Monsters 2 chegará ás tendas o vindeiro día 16

mércores, 1 de xuño do 2011 Marcus Fernández

O vindeiro 16 de xuño chega ás tendas da man de FX Interactive o xogo de Pendulo Studios Hollywood Monsters 2, e para celebralo, ata o tal data será posible descargar de balde o xogo Runaway – A Road Adventure, desenvolvido pola mesma compañía.
Hollywood Monsters 2 é unha superprodución que introduce a tecnoloxía Cartoon Shading, baseada en técnicas de cine de animación, o que combinado co feito de poder xogarse a este título en alta definición, temos unha obra que podería definirse como de nova xeración, que tamén goza dunha dobraxe de luxo en español, con actores como os que interpretan a Christian Bale en Batman Begins, Jessica Alba en Sin City (ambos nos papeis protagonistas) e Tyrion Lannister na serie televisiva Juego de Tronos.
Aparte da excelente dobraxe ao español, o xog tamén contará cun completo manual a toda cor, unha Guía Oficial para consultar en caso de atascarse no xogo e incluso un servizo de atención ao cliente en español (que inclúe pistas por teléfono), todo iso por un prezo de só 19,95 euros.

O xogo fai uso da tecnoloxía Cartoon Shading que dálle unha aparencia propia do cine de animación


Vídeo de introducción do xogo

PUBLICIDADE