Hitman: Absolution terá unha curiosa edición especial en Europa
xoves, 5 de xullo do 2012
Square Enix anunciou que en Europa imos poder gozar dunha nova
edición limitada do xogo Hitman: Absolution
chamada Deluxe Professional, que
xa pode reservarse nas tendas e que inclúe, aparte do xogo, unha figura de
vinilo de 25 centÃmetros de alto do Axente 47 caricaturizado, un libro de
ilustracións, un DVD co making of do
xogo, o acceso anticipado a 3 armas da Axencia con miras e silenciadores
avanzados e o acceso a Hitman: Sniper
Challenge.
O prezo desta nova edición especial de Hitman:
Absolution será de 99,99
euros para Xbox 360 e PlayStation 3 e de 79,99 euros para PC, chegando ás
tendas o mesmo dÃa que a versión ordinaria do xogo, o 20 de novembro.
Anuncio televisivo de Hitman: Absolution que puido verse no Reino Unido durante a final da Eurocopa
- Anuncio da edición Deluxe Professional de Hitman: Absolution