Hitachi venderá un televisor de plasma 3D con 5 sintonizadores de televisión

venres, 12 de agosto do 2011 Marcus Fernández

Os televisores de alta gama tenden a ter un prezo elevado en función do seu grande tamaño, o seu deseño e as súas prestacións, pero algúns modelos reforzan principalmente este último apartado, como o Hitachi P50-GP08, que trátase dunha pantalla de plasma 3D cunha resolución de 1.920 x 1.080 píxeles (Full HD), cunha relación de contraste de 5.000.000:1, 4 portos HDMI, un disco duro extraíble de 500 Gb e un total de 5 sintonizadores de televisor, o que pode resultar totalmente surrealista, pero que resulta práctico para os usuarios que non queren perderse ningún dos seus programas favoritos, de xeito que poden ver unha canle mentres gravan 4 máis.
Tamén estaca o feito de que o televisor pode controlarse a través dun iPad ou un iPhone, así como un sistema de sensores de presenza que permite apagar a pantalla cando non hai ninguén vendo o televisor, para aforrar enerxía. Chegará ao mercado nipón o 27 de agosto a un prezo de 320.000 iens (2.928 euros), xunto con modelos de 42 e 46 polgadas que reducen os seus prezos a 220.000 iens (2.013 euros) e 270.000 iens (2.470,50 euros).

PUBLICIDADE