Hellblade chega a Xbox One apoiando a unha causa solidaria
xoves, 12 de abril do 2018
O pasado verán Ninja
Theory lanzou para PS4 e PC o xogo Hellblade:
Senua’s Sacrifice, que non só destacaba polo seus gráficos coidados,
senón que sorprendÃa por un ser unha especie de hack and slash no que a narrativa estaba afectada polo estado
mental da súa traumatizada protagonista. Tras estes primeiros meses cunha grande
acollida por parte do público e da crÃtica (conseguindo numerosos recoñecementos),
finalmente Hellblade:
Senua’s Sacrifice estréase en Xbox One
cun prezo promocional de 26,99 euros e un detalle solidario: se durante a
primeira semana o xogo supera as 50.000 unidades vendidas doarán 25.000 dólares
a Mental Health America, incrementando tal cantidade até os 50.000 dólares se
superan as 100.000 unidades.
A nova versión do xogo é compatible con HDR en Xbox One e tamén inclúe melloras
para Xbox One X, podendo elixir os usuarios entre 3 modos mellorados
diferentes: efectos visuais enriquecidos, alta taxa de fotogramas (60 cadros
por segundo) e alta resolución (4K).
- O xogo é o máis parecido a unha superprodución que podemos atopar dun estudio independente