Haunted Hollow estréase de balde na App Store

venres, 3 de maio do 2013 Marcus Fernández

Xa está aquí. Dende a pasada noite podemos descargar de balde para dispositivos móbiles de Apple o xogo de estratexia Haunted Hollow, desenvolvido por Firaxis, estudo detrás de títulos como o afortunado XCOM: Enemy Unknown, e que agora busca gañarse a un público de todas as idades cunha estética na que presenta monstros clásicos do terror cunha aparencia infantil e adoptando unha fórmula Free-to-Play que destaca polo seu equilibrio, pois en vez de intentar explotar ao usuario seguindo os pasos do coñecido xogo dos Pitufos, permite por cancelas ao investimento económico a través dun pase de tempada que custa 6,99 euros (que custaría menos da metade que desbloquear todos os elementos do xogo dispoñibles).
O xogo permite a construción e goberno dunha misteriosa mansión capaz de xerar estrañas criaturas (incluíndo a vampiros, zombis, momias e meigas); a exploración da cidade para invadir as casas dos nosos rivais, enfrontarnos a eles e asustar aos habitantes para tomar o control da cidade; perfeccionar os poderes dos monstros con melloras adicionais (como Boo-B-Gone e Bloody Mary); gozar de modo de xogo individual ou desafiar aos amigos no modo multixogador; e poder seleccionar entre varios estilos de arquitectura para construír unha casa embruxada (como Lost Temple e Mad Scientist).


Trailer de lanzamento de Haunted Hollow

PUBLICIDADE