Hasbro quere levar as 3D ao iPhone cuns binoculares
martes, 9 de novembro do 2010
Xa temos
comentado que as 3D de baixa tecnoloxía levan con nós máis de
70 anos grazas a visores estereoscópicos coma os clásicos View-Master de
Fisher-Price, e Hasbro quere levar este concepto ao iPhone e ao iPod Touch,
polo que anuncia
o My3D, uns binoculares para utilizar nos terminais de Apple que
permitirían converter dúas imaxes en pantalla nunha imaxe 3D, o que estaría
apoiado por contidos e aplicacións dispoñibles na App Store, para divertir a
nenos e adultos.
Os binoculares venderanse a uns 30 dólares, e poderían aplicarse tamén a
solucións de realidade aumentada, ou iso entendemos cando falan dunha
experiencia de 360º para xogos, viaxes virtuais e contido de lecer.