Halo Wars terá unha edición de coleccionista
venres, 7 de novembro do 2008Microsoft Game Studios e
Ensemble Studios anuncian que o xogo de estratexia Halo Wars chegará en
febreiro nunha edición estándar e tamén nunha de coleccionista da que deron
detalles: incluirá o xogo, 6 tarxetas, a novela gráfica Halo Wars: Genesis (de Phil Noto, Graeme Devine e Eric Nylund), 3
novos mapas multixogador para o Halo 3
(Assembly, Oribital e Sandbox), 1
vehÃculo e o parche Spirit of Fire.
A versión básica venderase nos EE.UU. a 59,99 dólares, mentres que a edición
limitada custará 79,99 dólares, sendo unha interesante achega para a Xbox 360,
que pretenderá demostrar que o xénero de estratexia que tanto éxito ten no PC
se pode trasladar con fortuna ás consolas de nova xeración.