Halo: Combat Evolved Anniversary chega a PC

mércores, 4 de marzo do 2020 Marcus Fernández

A primeira entrega de Halo, título estrela da Xbox orixinal, adaptouse posteriormente a Xbox 360 e Xbox One, e agora estrea versión para ordenadores persoais, nunha remasterización da campaña orixinal que permítenos experimentar o ascenso lo lendario Spartan coñecido como Xefe Mestre (Master Chief).
Halo: Combat Evolved Anniversary sería o segundo título de Halo: The Master Chief Collection en adaptarse a PC (tras Halo: Reach), e está dispoñible a través de tal recompilatorio tanto nas tendas de Windows 10 e Steam, como dentro do Xbox Game Pass.
Esta remasterización do xogo permite gozar do mesmo con gráficos 4K e 60 fotogramas por segundo (ou máis, en función da potencial do noso equipo), xunto con toda unha serie de características e opcións de personalización nativas de PC.
Ao longo do ano continuarán a chegar a PC o resto de títulos que conforman a recompilación de xogos de Halo protagonizados polo Xefe Mestre.

PUBLICIDADE