Halo 5 contará cun editor de mapas para Windows 10
xoves, 19 de maio do 2016
Os
xogadores de PC están afeitos a que moitos dos seus xogos favoritos conten con
ferramentas que permitan aos seareiros máis apaixonados crear mapas que poder
compartir coa comunidade de usuarios, ampliando asà a experiencia de xogo sen
custo adicional, práctica moi anterior aos hoxe moi habituais contidos
descargables de pagamentos, e dado que en franquÃas como a de Halo as creacións da comunidade xogaban
un rol moi importante, hoxe anuncian que van retomar ese espÃrito.
AsÃ, ao igual que Halo 3 contaba en
2007 cun editor de mapas chamado Forge,
mudando o xogo para sempre, e aÃnda que esta ferramenta xa funciona con Halo 5: Guardians para Xbox One, agora
dan a grande nova de que este
ano estrearán Forge – Halo 5: Guardiands
Edition para Windows 10, que contará con novidades con respecto á
versión de Xbox One como soporte para teclado e rato (conseguindo asà unha
maior precisión no control), máis resolución (será posible empregar esta
ferramenta en ultra alta definición), poderanse probar e xogar as creacións cos
amigos e o que se cree no PC poderán publicarse e xogarse en Xbox One,
abrÃndose asà a un inmenso número de xogadores do shooter estrela de Microsoft.
Dende 343 Industrieis tamén queren destacar que o feito de lanzar este editor
para PC non implica que abandonen a versión para Xbox One, que ten
previsto recibir moitas novidades nos vindeiros meses.