Halo 4 estreará edición Xogo do Ano en outubro

martes, 27 de agosto do 2013 Marcus Fernández

Os afeccionados á saga Halo que non se fixeran coa súa última entrega terán unha magnífica oportunidades a partir do mes de outubro, cando sairá a edición Game of the Year de Halo 4, que contará cos diferentes contidos descargables para o xogo ata o momento.
Grazas a unha imaxe filtrada a través de IGN tamén confírmase que esta edición do xogo contará coa primeira tempada de Spartan Ops, o pase para os mapas War Games, o lote Halo 4 Champions e outros contidos exclusivos. Tras a aparición da mencionada imaxe, dende Microsoft confirmaron a información relativa aos contidos desta edición Game of the Year de Halo 4, engadindo que darán máis detalles sobre este lanzamento durante a retransmisión en vivo das finais do Campionato Global de Halo que celebrarase o vindeiro domingo.

PUBLICIDADE