Halo 3 chegará a PC a semana que vén
martes, 7 de xullo do 2020
A Halo: The Master Chief Collection continúa a traer
novos xogos de Xbox a PC, e tras Halo, Halo: Reach e Halo 2:
Anniversary confÃrmase que o
14 de xullo estrearase a versión para ordenadores persoais de Halo 3,
que estará dispoñible tanto a través de Xbox Game Pass como en Steam e na tenda
de aplicacións de Windows 10.
Esta conversión é moi agardada xa que pecha a triloxÃa Halo orixinal,
coa loita entre o Covenant, os Flood e os humanos, ofrecendo 11 misións
impactantes e 24 mapas multixogador. Amais, os xogadores máis creativos tamén
poderán entrar no modo Forxa actualizado e ampliado para crear mapas
multixogador ao seu gusto.