Halo 3: Recon será un xogo curto

venres, 14 de novembro do 2008 Marcus Fernández

Cando Microsoft e Bungie anunciaron que en 2009 sairía unha nova campaña para o Halo 3 non deron moitos detalles sobre o xogo, e agora a revista Game Informer explica que Halo 3: Recon non será un xogo longo, senón que daría para entre 3 e 5 horas de xogo, pois dende a empresa desenvolvedora non o ven coma «un título de 60 dólares» polo que entendemos que se venderá a un prezo reducido (e incluso poderiamos agardar unha venda a través do Bazar de Xbox LIVE no futuro, que era o que agardaba o público ao coñecer que se estaba a traballar nunha expansión para Halo 3).
O novo xogo promete ser moi divertido, principalmente porque en vez dun Spartan manexaremos a un soldado de menor nivel, o que fará que se teña que ter máis coidado, cambiando lixeiramente a experiencia de xogo, dando así unha sensación de novidade que gustará aos que xa leven moitas horas gozando do título orixinal.

PUBLICIDADE