Halo 3: Recon será un xogo completo
venres, 10 de outubro do 2008
Cando na pasada
edición do E3 Microsoft anunciou só
como grande novidade o sorprendente lanzamento de Final Fantasy XII para a Xbox 360, dende a prensa especializada se
comentaba que dende Redmond tiñan unha carta agochada na manga, e que decidiran
gardala ante a pouca forza que estaban a ter os anuncios para a PS3 de Sony.
Finalmente, co gallo do Tokyo Game Show se presenta o produto que se agardaba o
pasado verán, Halo
3: Recon, tÃtulo que non será unha expansión de Halo 3, nin
moito menos unha actualización descargable a través de Xbox LIVE (como se viña
rumoreando) senón que se trata dun xogo completo no que o xogador se meterá
dentro dun Orbital Drop Shock Trooper,
ou sexa, un guerreiro menos poderoso que Spartan, o Xefe Maestro da saga Halo, o que precisarÃa dun pouco máis de
coidado neste tÃtulo que continuará a ser un shooter que incluirá modo multixogador, gravación de combates,
Forxa e modo cooperativo a 4 xogadores.
Polo momento pouco se coñece sobre a data de lanzamento deste xogo, pero xa se adiantou o que será
o deseño da súa caixa, para deixar claro de que se tratará dun
produto que chegará en soporte fÃsico ás tendas.