Hades convértese no primeiro videoxogo en recibir un Premio Hugo
luns, 20 de decembro do 2021
A organización dos Premios Hugo decidiu o ano pasado que era
o momento de incluÃr
unha categorÃa especÃfica para videoxogos nestes galardóns para recoñecer a
tÃtulos de ciencia ficción, fantasÃa e temáticas relacionadas, aceptando
candidaturas de practicamente calquera plataforma (dende xogos de consola e
dispositivos móbiles até xogos para ordenador, tanto instalables como xogables
vÃa web).
AsÃ, no marco da 79ª Convención Mundial de
Ciencia Ficción celebrada en Washington, DC entre os dÃas 15 e 19, anunciáronse os
gañadores dos Premios Hugo 2021, impóndose na categorÃa de Mellor Videoxogo
Hades de
Supergiant Games. Este tÃtulo xa fora un grande éxito para PC e Nintendo Switch
en 2020, chegando
a Xbox e PlayStation o pasado verán, co que ampliaron a súa base de usuarios
enormemente, facendo que un desenvolvemento relativamente modesto puidese
chegar ao grande público.
A vitoria de Hades é relevante non só
por ser o primeiro Premio Hugo para un videoxogo (categorÃa que polo momento é
excepcional), senón por ter conseguido este recoñecemento competindo con
grandes tÃtulos como Animal Crossing: New Horizons (considerado como un dos
xogos de máis éxito durante a pandemia), Final Fantasy VII Remake ou incluso
o aclamado The Last of Us: Part II (un dos máis galardoados tÃtulos de 2020).