Hack A Boss ofrece as últimas prazas do seu Bootcamp
xoves, 28 de abril do 2022
A escola coruñesa de programación Hack A Boss oferta esta semana as
últimas prazas ao seu Bootcamp de programación full
stack. A formación comeza o próximo 2 de maio e durante 16
semanas dota ao alumno de todas as habilidades técnicas necesarias
para entrar no sector do desenvolvemento de aplicacións web, unha
das áreas máis demandadas na actualidade.
Con estes estudos xa se formaron máis de 600 persoas dende 2017,
tanto a través do formato presencial como do online. Un dos puntos
fortes do programa formativo desta edición é a presenza de
profesores con amplas experiencias en grandes compañías
tecnolóxicas como Google, Microsoft, Amazon ou Facebook; así como
expertos en start-ups de primeiro orden no mercado tecnolóxico
en España. Estes docentes impartirán talleres na fase do programa
coñecida como aceleradora de talento (Boost Academy), á que teñen
acceso todos os participantes e ten por obxectivo que o alumnado
poida aprender de profesionais con experiencia nas grandes empresas
tecnolóxicas do mundo. A formación de HACK BOSS diríxese a todo
tipo de públicos, tanto a alumnado de mercadotecnia (marketing)
ou informática como a público sen coñecementos previos.
A academia sinala que o financiamento dos estudos “tamén é
flexíbel”, xa que a escola faise cargo do custe do Bootcamp
e ofrece a posibilidade de pagar a formación unha vez que os/as
estudantes atopen emprego. De feito, a escola inclúe diferentes
actividades con empresas colaboradoras co obxectivo de que o alumnado
acade oportunidades de emprego.