HTC tamén prepara un móbil con Android e pantalla de alta definición
venres, 16 de setembro do 2011
- Imaxe filtrada do HTC Vigor
Ao
parecer o as que garda LG baixo a súa manga, o terminal LG
LU6200, non vai ser o único móbil con prestacións semellantes no mercado,
senón que HTC tamén están a traballar nun terminal na mesma liña, o HTC Vigor,
do que filtráranse
imaxes hai varias semanas, e do que pouco a pouco imos sabendo máis. Agora
coméntase de que este incrible móbil compatible con LTE (4G) contará cun procesador
de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM, cámara de 8 MpÃxeles e unha
impresionante pantalla de 4,3 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles
(ou sexa, de alta definición a 720p, con maior densidade de pÃxeles que o
mencionado móbil de LG). Amais, este móbil, que tamén contará coa tecnoloxÃa
Beats Audio (presente noutros terminais de HTC) poderÃa lanzarse o vindeiro
martes nun evento que vai ter lugar en New York, de xeito que converterÃase no
primeiro móbil con pantalla de alta definición en chegar ao mercado. Outras
fontes apuntan a que o terminal poderÃa
chegar finalmente aos EE.UU. no mes de outubro baixo o nome de Droid Incredible
HD. Do que non hai dúbida é do feito de que as pantallas a 720p parecen
querer ser o elemento no que destaque a nova xeración de móbiles con Android.
Precisamente nesta liña veñen de publicar de xeito anónimo nos foros de 4chan informacións sobre o que serÃa o
Samsung Galaxy Nexus (terminal tamén coñecido como Nexus Prime, que serÃa o
móbil oficial de Google de cara ao lanzamento do Android 4.0) e que contarÃa
cun procesador de dobre núcleo a 1,5 GHz, 1 Gb de RAM, pantalla Super AMOLED
Plus de 4,65 polgadas cunha resolución de 1.280 x 720 pÃxeles, 16 Gb de
almacenamento interno (ampliable mediante tarxetas microSDHC), baterÃa de 2.000
mAh, corpo de metal, un grosor de 8,8 milÃmetros e un peso de entre 130 e 140
gramos. Estas caracterÃsticas parecen afastarse bastante do que estamos afeitos
a ver nos smartphone, pero vese que
as pantallas de grande tamaño están a gañar moita forza, e poderÃan ser un
elemento chave na nova iteración de Android (¿quizais para aproximar as
interfaces de móbiles e tablets?).