HTC Tattoo: móbil con Android a un prezo moderado

martes, 8 de setembro do 2009 Marcus Fernández

O sistema operativo Android non é exclusivo de terminais telefónicos de gama alta, e así HTC anuncia que para o mes que vén achegará a Europa o móbil HTC Tattoo (antes coñecido coma HTC Click) que inclúe a atractiva interface de usuario HTC Sense, conta cunha pantalla táctil resistiva de 2,8 polgadas cunha resolución de 320 x 240 píxeles, conta con conectividade HSDPA, Wi-Fi e Bluetooth, GPS, compás, acelerómetro, cámara de 3,2 Mpíxeles con enfoque automático, toma de auriculares e lector de tarxetas microSD.
O terminal contará con carcasas intercambiables e será comercializado en España por Movistar, Vodafone e Orange, agardándose que o seu prezo libre sexa de 350 euros (polo que é de agardar que ata sexa posible adquirilo de balde grazas á subvención das operadoras). O seu tamaño é de 106 x 55,2 x 14 milímetros, pesa 113 gramos, e funciona cun procesador a 528 MHz, 256 Mb de RAM e 512 Mb de ROM, polo que incluso superaría a outros terminais con Android no mercado, de aí que sorprende que este terminal chegue a un prezo tan atractivo que busca popularizar os móbiles con Android.

O HTC Tattoo funciona coa interface HTC Sense

PUBLICIDADE