HP presenta equipos táctiles con pantallas inclinables
luns, 7 de febreiro do 2011
Conscientes de
que a verticalidade dos monitores de ordenador son un importante atranco para o
seu uso como pantallas táctiles (pois resulta moi canso manter os brazos en
alto para o seu uso) dende HP presentan os ordenadores
todo-en-un HP TouchSmart 9300 e 610,
que contan con pantallas táctiles de 23 polgadas cunha base que permite
inclinalas 60 graos e xiralas 180 graos, de xeito que resulta bastante cómodo o
seu uso coma se fosen tablets.
A pantalla destes equipos é de alta definición (1.080p) e con retroiluminación
LED, de xeito que estamos ante excelentes equipos a nivel técnico, con
procesador Intel Core i3, 4 Gb de RAM, 750 Gb de disco duro e tarxeta gráfica
integrada no seu modelo máis básico sendo posible configuralo ata cun
procesador Intel Core i5, 16 Gb de RAM, unidade SSD de 160 Gb, Blu-ray e cámara
de 1,3 MpÃxeles.
O HP TouchSmart 610 chega este mércores ás tendas norteamericanas a un prezo de
partida de 899,99 dólares (662,39 euros), mentres que o HP TouchSmart 9300,
orientado para o uso corporativo, chegará ao mercado en maio a un prezo por
determinar.
- O HP TouchSmart 9300 Elite tamén pode empregarse coma un todo-en-un ordinario de non inclinarse a súa pantalla táctil