HP introduce un sensor de movemento no seu novo portátil Envy 17

xoves, 19 de setembro do 2013 Marcus Fernández

Cando se anunciou o lanzamento comercial de Leap Motion, dispositivo sensor de movementos que algúns describen como “o Kinect das mans”, comentouse a posibilidade de que algún fabricante o incorporase a algúns dos seus equipos, e finalmente temos aquí o novo Envy 17 de HP, que introduce unha versión reducida do mencionado sensor no seu corpo.
Cómpre destacar que estamos ante un equipo portátil de grandes dimensións (a súa pantalla ten unha diagonal de 17,3 polgadas) polo que a integración do accesorio non parece que fose complexa, e tamén estamos ante un ordenador de grande potencia (funciona cun procesador Intel Core i5/i7 de cuarta xeración, ten un disco duro de 1 Tb e pode configurarse cunha gráfica Intel ou unha nVIDIA) polo que sería totalmente capaz de empregar o sensor para mover interfaces tridimensionais e moitos outros usos sen problema, aínda que para facerse con tal equipo a partir de outubro haberá que pagar un mínimo de 1.049,99 dólares (776,28 euros).


Vídeo promocional do HP Envy 17 con Leap Motion integrado

PUBLICIDADE