HAWKEN chega a Xbox One como xogo free-to-play
venres, 1 de xullo do 2016
Dende
hai un par de anos os xogadores de PC poden gozar a través de Steam
mediante a modalidade de acceso anticipado do shooter en primeira persoa HAWKEN,
que está previsto que se relance como xogo completo nos vindeiros meses, pero
antes de rematar a versión para ordenadores persoais dende Reloaded Games
decidiron que este tÃtulo free-to-play
podÃa ter moi boa saÃda nas consolas de nova xeración, e hoxe
mesmo estreou a súa versión para Xbox One, de xeito que os usuarios da
consola de Microsoft poden xa descargar de balde este FPS de mechas.
En HAWKEN podemos meternos no
interior de máquinas de guerra mecanizadas que enfrontaranse nun campo e
batalla dun mundo distópico, ofrecendo un sistema de xogo frenético e táctico,
con mechas personalziables (dos que
hai 58 diferentes repartidos en 3 clases), 6 modos de xogo (cooperativos e
competitivos), 9 escenarios impresionantes e unhas mecánicas doadas de aprender
(e difÃciles de dominar) que convidan ao xogador a formar equipos para unha
mellor experiencia.
Para adquirir mechas, armas,
obxectos, elementos internos, aspectos e moito máis HAWKEN conta cunha moeda de seu que podemos adquirir con cartos
reais, modelo de negocio que sostén a este prometedor tÃtulo, aÃnda que durante
a semana de lanzamento do xogo tamén está dispoñible un Paquete Fundadores que por 49,99 euros inclúe numerosas
vantaxes que van dende o acceso anticipado ao mecha G2-Charge até grandes
cantidades de moedas do xogo para poder desbloquear obxectos e realizar
melloras ao instante, e que virÃa a ser o equivalente a mercar o xogo durante o
seu lanzamento (pese a que estamos ante un tÃtulo de balde).
- O xogo permÃtenos manexar mechas personalizables en intensos combates