Guitar Hero: On Tour arrasa nos EE.UU.

venres, 4 de xullo do 2008 Marcus Fernández

Activision anunciou que o xogo Guitar Hero: On Tour conseguiu superar as 300.000 copias vendidas en Norteamérica nos seus 7 primeiros días á venda, o que o convertería no meirande lanzamento para Nintendo DS da empresa (superando ata 8 veces o anterior título máis vendido). Incluso entraría a formar parte dos 5 xogos máis vendidos de Activision en toda a historia (esquecendo a plataforma) confirmando así tanto o éxito dos xogos musicais coma da súa orixinal adaptación á consola portátil de Nintendo.
Parece ser que o feito de que o xogo se venda cun periférico preciso para xogar (e que revoluciona a experiencia de usuario na DS) é chave no éxito en vendas deste título que chegará a España en dúas semanas a un prezo de venda ao público recomendado de 49,95 euros.