Guitar Hero 5 supera a The Beatles: Rock Band no Reino Unido
luns, 14 de setembro do 2009
AÃnda tardaremos
en coñecer dos datos de vendas deste mes en España (aDeSe publica os seus datos
a mediados do mes seguinte), pero no Reino Unido esta información coñécese con
certa velocidade, e as
cifras de vendas da semana pasada foron realmente sorprendentes, pois o
xogo máis vendido foi o Guitar Hero 5,
que superou ao xogo de carreiras de coches Dirt
2 e ao supervendas Batman: Arkham
Asylum, mentres que o agardado The
Beatles: Rock Band quedou limitado a unha cuarta posición.
Estamos ante uns datos moi inmediatos, que non permiten chegar a conclusións,
pois será a campaña de Nadal a que defina o éxito ou fracaso dos distintos Guitar Hero, Band Hero, DJ Hero, Rock Band, Rock Revolution e outros xogos musicais, pero o feito de que o xogo
dos Beatles vaia dirixido a un público de máis idade que os Rock Band e que careza de versión para
PlayStation 2 poderÃan ser os motivos que levasen a un dos xogos musicais máis
agardados e mellor valorados pola crÃtica a vender menos do estimado.
Tamén cómpre destacar que falamos dos resultados sumando todas as plataformas
dos xogos, pois se
as tratamos por separado (que é coma dá os datos aDeSe) o resultado aÃnda
serÃa peor, quedando o The Beatles: Rock
Band para Xbox 360 na 8ª posición, e Guitar
Hero 5 quedarÃa en boas posicións en todas as plataformas. Curiosamente,
aÃnda que Guitar Hero 5 é o xogo máis
vendido para PS2, non chega a colarse entre os 40 xogos máis vendidos do
cómputo xeral, polo que dá a impresión de que a PlayStation 2 está a esmorecer
no Reino Unido, mentres que no mes de xullo en España tiñamos ao PES 2009 no 9º posto de vendas.