Guilty Gear 2: Overture chegará a Europa en setembro

venres, 3 de xullo do 2009 Marcus Fernández

O xogo de loita Guilty Gear 2: Overture xa leva tempo nos mercados norteamericano e xaponés, pero finalmente 505 Games anunciou que vai comercializarse en Europa a partires do vindeiro 4 de setembro, cando este título exclusivo para Xbox 360 permitirá retomar a saga de Guilty Gear dun xeito un tanto diferente aos seus predecesores, pois en vez de optar á tradicional loita en dúas dimensións de un contra un, desta volta presenta acción tridimensional e convértese nun beat’em up.
Este xogo mesturaría acción con estratexia en tempo real, e poderemos elixir entre varios personaxes para enfrontarnos aos inimigos coa axuda dunha lexión de leais seguidores. Aparte da campaña para 1 xogador, tamén será posible gozar dun modo multixogador en rede para 4 usuarios ou para 2 en local.

PUBLICIDADE