Guardianes de la Galaxia estrea mesa de pinball

luns, 28 de xullo do 2014 Marcus Fernández

O vindeiro venres estréase nos EE.UU. a película Guardianes de la Galaxia, que chegará a España o vindeiro 14 de agosto, e dende Marvel queren explotar especialmente esta nova produción, para o que non se limitarán a potenciar o filme e a banda deseñada na que se basea, senón que tamén inxectarán aos seus protagonistas en numerosos videoxogos, nunha aposta a moitas bandas que demostra a confianza que a Disney ten nesta nova franquía.

Tamén poderemos ver aos Guardianes de la Galaxia en Marvel Heroes 2015

Nos últimos días xa demos conta de Guardians of the Galaxy: The Universal Weapon para dispositivos móbiles, e buscando tamén chegar a múltiples plataformas, o xogo Zen Pinball 2 vai estrear o vindeiro día 30 por 2,99 euros unha mesa oficial de Guardianes de la Galaxia, na que podemos ver a Star-Lord, Gamora, Drax, Groot e Rocket enfrontándose a Ronan o Acusador. Cómpre destacar que os usuarios de PS3 ou PS Vita que merquen esta mesa, poderán logo importala dende a PS4, podendo xogar nas 3 plataformas.
Pero a pasada fin de semana tamén deron conta de numerosas aparicións que van ter os Guardiantes de la Galaxia en diferentes videoxogos da Marvel, xa que nos vindeiros meses poderemos velos en Disney Infinity: Marvel Super Heroes, Marvel: Avengers Alliance, Marvel Heroes 2015, Marvel: War of Heroes e incluso en Minecraft e entre os avatares de Xbox LIVE.


Trailer da mesa de pinball de Guardianes de la Galaxia

PUBLICIDADE