Guardianes de la Galaxia estrea videoxogo

xoves, 17 de xullo do 2014 Marcus Fernández

Adiantándose á chegada aos cines o vindeiro 14 de agosto do filme Guardianes de la Galaxia, Marvel estrea nas tendas de aplicacións un videoxogo inspirado na película, adoptando unha estética moi semellante á que podiamos ver en Marvel Run Jump Smash!, pero contando con personaxes como Star-Lord, Rocket, Groot, Gamora e Drax nunha batalla na que deberán loitar para recuperar as cinco pezas da Arma Universal e evitar que caia nas mans de Ronan o Acusador.
Este xogo fuxe da fórmula do free-to-play, e véndese a 4,99 euros para Windows Phone 8/8.1, 7,99 euros para Windows 8, 4,49 euros para iOS e 3,65 euros para Android; permite mellorar e controlar a 25 personaxes do universo de Guardiantes de la Galaxia; conta con máis de 60 niveis nos que pelexar en tempo real mediante xestos nun Modo Historia; inclúe tamén un Modo Arena no que poder reclutar heroes e viláns adicionais; permite desbloquear movementos combinados e desatar ataques devastadores con dúos poderosos como Rocket e Groot ou Drax e Gamora; e retaranos a enfrontarnos cara a cara con malvados como Korath, Nébula e Ronan.

O novo xogo permítenos controlar até 25 personaxes


Trailer do novo videoxogos da Marvel

PUBLICIDADE