Gran Turismo 5 permitirá xogar con karts
venres, 20 de agosto do 2010
- O xogo inclúe un editor de circuÃtos e moitas outras novidades
Se hai un xogo coñecido pola
demora no seu lanzamento este é, sen dúbida, Gran Turismo 5, o que incluso provocou que en marzo de
2008 puxesen á venda unha especie de versión de demostración de pagamento
chamada Gran Turismo 5 Prologue,
e finalmente teremos tal agardado tÃtulo o 3 de novembro, achegando Poliphony
Digital máis detalles sobre o mesmo, entre os que están novidades coma un
completo editor de circuÃtos que permite xerar as nosas propias pistas e
compartilas coa comunidade de usuarios, aÃnda que a moitos tamén sorprenderá
o feito de poder gozar dentro do xogo de carreiras de karts, prestación que
tiñan reservada para Gran Turismo 6,
pero que finalmente decidiron adiantala a este novo tÃtulo.
O xogo tamén ofrecerá a posibilidade de tomar fotografÃas no modo Photo Travel,
que incluso é compatible con 3D, o que resulta realmente impresionante, aÃnda
que os usuarios máis expertos preferirán optar por asumir o papel dun director
de carreira, comezando cun condutor e podendo controlar ata a 6 segundo vai
progresando o xogo (mandando ordes durante as carreiras e estando pendente do
estados dos pilotos) no que coñecerase coma GT
Life.
Gran
Turismo 5 contará con máis de 950 coches, máis de 20 localizacións,
máis de 70 variacións de circuÃtos, gráficos realistas, modos de xogo GT, Arcade
e Autoescola, eventos coma NASCAR e WRC e a posibilidade de transferir o garaxe
da versión de PlayStation 3 á PSP.
- Finalmente será posible pórse ao volante dun kart no Gran Turismo 5