Gotham City Impostors sairá á venda a semana que vén

mércores, 1 de febreiro do 2012 Marcus Fernández

A última obra de Monolith Productions, o videoxogo Gotham City Impostors, ten xa datas de lanzamento, chegando a PC o vindeiro día 7, mentres que para Xbox 360 e PlayStation 3 farase agardar un día máis. Estamos ante un título de acción multixogador descargable onde ata 12 xogadores poden loitar polo control da cidade de Gotham repartíndose en dúas bandas que toman a súa imaxe inspirándose nas figuras de Batman e o Joker.
Os interesados en probar esta experiencia de xogo en liña que teñan unha PlayStation 3 poden achegarse dende hoxe á PlayStation Network para descargar a demo do xogo, podendo así facerse unha idea de se o título paga a pena. Non é a única demo que chega hoxe á plataforma de descargas de Sony, senón que tamén os xogos Twisted Metal e Syndicate estrean hoxe versión de demostración, o que agradecerán os que estean a decidir as compras de videoxogos que efectuarán nas vindeiras semanas.

O xogo enfrontará a numerosos personaxes disfrazados de Batman e Joker


Trailer subtitulado en español da demo/beta do xogo

PUBLICIDADE