Google anuncia a nova xeración de dispositivos da familia Nexus
mércores, 15 de outubro do 2014
- O Nexus 6 será o primeiro smartphone con Android 5
Coa estrea de Android
5 Lollipop chegan tamén novos produtos
da familia Nexus da man de distintos fabricantes. Por unha banda confÃrmase a o
Nexus 6, un smartphone con
pantalla de 5,96 polgadas cunha resolución de 1.440 x 2.560 pÃxeles, procesador
Qualcomm Snapdragon 805 de catro núcleos a 2,7 GHz, gráfica Adreno 420, 32/64
Gb de almacenamento interno, cámara traseira de 13 MpÃxeles con estabilización
óptica de imaxe, cámara frontal de 2 MpÃxeles, dous altofalantes frontais de
grande potencia e baterÃa de 3.220 mAh que promete aguantar 24 horas de uso
cunha carga completa e que con só 15 minutos de carga poderÃa aguantar até 6
horas (grazas a un cargador turbo incluÃdo), que vén fabricando por Motorola e,
como acontece co Moto X, protexe a súa carcasa cun marco de aluminio. Até
finais de mes non se poderá reservar este terminal a través de Google Play e
distintos operadores de telefonÃa móbil, e o seu prezo poderÃa ser de 649 dólares (moi lonxe do que nos ten afeitos a familia Nexus).
VÃdeo promocional do Nexus 6
Para usuarios que buscan facer un uso máis produtivo chegará o Nexus 9, un tablet con pantalla IPS
de 8,9 polgadas, procesador de 64 bits nVIDIA Tegra K1 a 2,3 GHz, 16/32 Gb de
almacenamento interno, cámaras de 8 e 1,6 MpÃxeles altofalantes HTC BoomSound, e
baterÃa de 6.700 mAh, que busca ser moi transportable e ser capaz de empregarse
para usos de produtividade, de aà que incluso vaia contar cunha funda-teclado
magnética que incluso permitirá que poidamos colocar o tablet nas pernas como
se fose un portátil. Este dispositivo está fabricado por HTC e poderá
reservarse a partires do vindeiro venres e coméntase que o seu prezo partirÃa de 399 dólares e chegarÃan até os 599 dólares en función da capacidade de almacenamento interna e da súa conectividade móbil (parece que en España quedarÃa entre os 399 e os 569 euros).
VÃdeo promocional do Nexus 9
Pero a grande sorpresa da xornada foi o Nexus Player, un trebello
desenvolvido en colaboración con Asus, e que será o buque insignia de Android
TV, levando ao salón do fogar pelÃculas, música, vÃdeos e incluso videoxogos,
podendo tamén operar como receptor de contidos dende un Chromebook ou teléfonos
e tablets con iOS e Android, para levar as súas pantallas ao televisor. Dá asÃ
a impresión de que estamos ante a resposta de Google ao Fire TV de Amazon.
O Nexus Player poderá reservarse a partires do venres, e funcionará cun
procesador Intel Atom de catro núcleos a 1,8 GHz, contará con conectividade
Wi-Fi AC e terá saÃda HDMI para conectar ao televisor. Aparte do propio
reprodutor, inclúe un mando a distancia con micrófono (para buscas por voz) de
xeito que o gamepad para este produto
será un accesorio opcional (na liña do que tamén fixo Amazon). O prezo do Nexus Player poderÃa ser de 99 dólares, e o gamepad poderÃa venderse por 39 dólares, o que serÃa practicamente o mesmo rango de prezos que a alternativa da compañÃa de Jeff Bezos.
VÃdeo promocional do Nexus Player
- O reprodutor Nexus Player inclúe un mando con micrófono e pode completarse cun gamepad para converter o reprodutor nunha consola de videoxogos baseada en Android
- O Nexus 9 contará cunha funda-teclado que facilitará o seu uso para tarefas de produtividade
- O Nexus 6 goza dunha pantalla de 5,96 polgadas cunha resolución de 1.440 x 2.560 pÃxeles