Google Play Games permite gozar de xogos para móbil no PC
xoves, 25 de maio do 2023
Google Play Games pódese
xa instalar no noso ordenador se cumpre cos requisitos
mínimos, e aínda que falamos dunha aplicación que aínda está considerada
como beta, conta cunha selección de máis dun cento de xogos de móbil que agora
podemos gozar no noso ordenador persoal, o que se agradece especialmente en
títulos nos que é habitual xogar durante horas, aínda que tamén haberá que
prefira xogar no PC para poder empregar sistemas de control máis precisos que a
pantalla do teléfono (como o teclado e o rato).
A sincronización a través dos servidores de Google permite que os avances que
realizamos no ordenador poidan conservarse no móbil e viceversa, o que é o
principal atractivo desta solución para xogar no PC a xogos de móbil con esta
solución de Google, xa que no mercado existen numerosas solucións que xa permitían
correr aplicacións de Android baixo Windows (e incluso é posible instalar directamente
moitas aplicacións de Android en Windows 11).
Vídeo promocional de Google Play Games