Google Meet para corporacións inclúe cancelación de ruído dende móbiles

martes, 29 de setembro do 2020 Marcus Fernández

As xuntanzas a través de Google Meet incorporaron hai uns meses na súa versión web tecnoloxía de cancelación de ruído que agora chega ás versións móbiles do servizo, de xeito que os usuarios poden activar esta opción que elimina o son que pode resultar molesto para as comunicacións en vídeo, como o rebumbio que hai ao redor dos interlocutores ou sons como a pulsación de teclas que poden distraer a atención.
Esta prestación está a distribuírse esta semana entre os usuarios de G Suite Enterprise e G Suite Enterprise for Education, ou sexa, para os usuarios de licenzas corporativas dos servizos de Google, mentres que as versións básicas de G Suite non contan con esta atractiva prestación.

PUBLICIDADE