GoldenEye 007 adaptarase á Xbox 360 e PlayStation 3
mércores, 20 de xullo do 2011
A consola
doméstica Nintendo 64 recibiu en 1997 o videoxogo GoldenEye 007, baseado na pelÃcula homónima que saÃra un par de
anos antes, e que converteuse en todo referente para a crÃtica internacional
pasando a considerarse como un dos primeiros FPS para consola de videoxogo en
trasladar con éxito este xénero tan popular no PC (estando considerado como un
dos 10 mellores FPS da historia, asà como unha das melloras adaptacións
cinematográfica da industria) de aà que o ano pasado quixeran tirar proveito de
tal sona e lanzasen unha revisión do xogo para Wii que, pese a ser un bo xogo,
non chegou á altura do orixinal. Pero dende Activision non queren darse por
vencidos, e anuncian que está en desenvolvemento GoldenEye 007: Reloaded,
xogo que desta volta chegará a Xbox 360 e PlayStation 3, plataformas moito máis
axeitadas para tÃtulos deste xénero de acción, que contará cun novo motor
gráfico que promete uns efectos visuais sorprendentes e, no caso da PS3, será
compatible co periférico Sharp Shooter para PlayStation Move.
GoldenEye 007: Reloaded quere
converterse na experiencia James Bond definitiva, e estará dispoñible no outono
(probablemente a finais de outubro). Este nvo tÃtulo contará con gráficos en
alta definición e novos modos de xogo (aparte do modo historia tamén incluirá o
modo MI6 Ops Missions con novos
escenarios e retos, asà como modos Asalto, Eliminación, Stealth e Defensa).
Para redondear o produto, o novo GoldenEye
terá modo multixogador coa opción de dividir a pantalla en catro e permitindo
enfrontarse ata a 16 xogadores, con máis mapas, personaxes e modos de xogo.
Trailer de GoldenEye 007: Reloaded