God of War terá unha nova entrega para PSP

martes, 4 de maio do 2010 Marcus Fernández

God of War III para PlayStation 3 puxo fin a unha triloxía iniciada na PlayStation 2, pero o peche da historia non quere dicir que esteamos ante o último videoxogo protagonizado por Kratos, o que concrétase finalmente no anuncio de God of War: Ghost of Sparta para PSP, que será un xogo desenvolvido por Ready At Dawn Studios que aproveitará ao máximo os gráficos da consola portátil de Sony (como tamén facía God of War: Chains of Olympus) mellorando o sistema de armas, incorporando novos poderes máxicos, cunha duración maior e renovando a súa intelixencia artificial para dar lugar a un xogo que chegará ás tendas dentro de poucos meses.
A historia do xogo retomaría o momento xusto despois do primeiro God of War, cando Kratos ascende coma deus da Guerra, e daranse resposta a preguntas sobre o pasado da Pantasma de Esparta, como a súa tatuaxe, a súa cicatriz ou a súa familia. Non faltarán as letais Espadas do Caos e múltiples inimigos sacados da mitoloxía grega, polo que a espectacularidade dos combates está garantida.

PUBLICIDADE