God of War: Ascensión destaca entre os xogos de PS Plus no mes de agosto

xoves, 30 de xullo do 2015 Marcus Fernández

O vindeiro día 4 Sony renovará a oferta de xogos incluídos sen custo adicional dentro de PlayStation Plus, de xeito que os subscritores poderán incluílos no seu catálogo instantáneo, continuando unha vez máis a apostar por moitos xogos independentes e en comercializados unicamente en formato descargable, incluíndo só un xogo de primeira liña, God of War: Ascensión, que a moitos compensaralles por contar tanto cun modo historia como cun modo multi-xogador en liña, polo que garante bastantes horas de diversión na PlayStation 3.

Lara Croft and the Temple of Osiris para PS4 estará dispoñible para os usuarios de PS Plus

Os xogadores de PlayStation 4 poderán facerse pola súa banda con Lara Croft and the Temple of Osiris, a segunda entrega dun spin-off de Tomb Raider que desta volta trasladará a acción a Exipto, onde colaborar co cazatesouros Carter Bell e os deuses Horus e Isis para derrotar ao deus do mal, Set. Outro xogo para PlayStation 4 incluído en agosto en PS Plus é o orixinal e desacougante Limbo.
A oferta de xogos do mes de agosto complétase cos títulos independentes Stealth Inc 2: A Game of Clones (para PS4, PS3 e PS Vita), CastleStorm Complete Edition (para PS3 e PS Vita) e Sound Shapes (para PS4, PS3 e PS Vita).

God of War: Ascensión foi a primeira entrega da saga en incluír modo multi-xogador


Vídeo no que dan conta dos xogos incluídos no mes de agosto en PS Plus

PUBLICIDADE