God of War: Ascensión chegará a España en marzo

venres, 31 de agosto do 2012 Marcus Fernández

A saga de God of War resístese a deixarnos, e dende Sony confirman hoxe que a súa vindeira entrega para PlayStation 3, God of War: Ascensión, chegará ao mercado español o vindeiro 13 de marzo, estando tamén dispoñible nunha Edición Especial e nunha Edición Coleccionista.
A Edición Coleccionista do novo xogo da Pantasma de Esparta contará cunha figura de 8 polgadas de Kratos, o xogo virá embalado nunha caixa tipo libro de aceiro, incluirá a banda sonora do xogo en versión dixital, un tema dinámico de PS3, un lote de avatares, unha bonificación de dobres XP para o multixogador e un pase descargable para desbloquear todos os futuros contidos descargables do xogo sen custo adicional.

PUBLICIDADE